0. O Enxeñeiro Crítico considera a Enxeñeria coma a linguaxe mais transformadora dos nosos tempos, amoldandose a maneira en como nos mobvemos, comunicamos e pensamos. A función do Enxeñeiro Crítico é estudiar e explorar esa linguaxe, asi coma expor a sua influencia.
1. O Enxeñeiro Crítico considera que calquer tecnoloxía constitúe un desafío e unha ameaza. Canto maior é a dependencia en relación a unha tecnoloxía, maior é a necesidade de estudala e expor seu funcionamento, independentemente da propiedade ou da regulación legal.
2. O Enxeñeiro Crítico contribúe na concienciación de que con cada avance tecnolóxico, o noso coñezemento tecno-político é desafiado.
3. O Enxeñeiro Crítico desconstrue e estimula complexas experiencias de usuário.
4. O Enxeñeiro Crítico olla mais ala da admiracion da implementación pra determinar métodos de influencia e seus efectos específicos.
5. O Enxeñeiro Crítico recoñece que cada peza de enxeñeria transforma ao usuário de maneira proporcional a sua dependencia en relación a ela.
6. O Enxeñeiro Crítico expande o termo ‘máquina’ pra descreber interrelacións que abrangen aparellos, corpos, axentes, forzas e redes.
7. O Enxeñeiro Crítico observa o espacio entre a produccion e o consumo de tecnoloxia. Actuando rapidamente nos cambios dentro dese espazo. O enxeñeiro crítico serve pra revelar posibles momentos de desequilibrio e decepción.
8. O Enxeñeiro Crítico olla para a história da arte, arquitetura, inventiva, activismo, filosofia.. e encontra traballos exemplares de Enxeñeria crítica. Estratéxias, ideas e axendas desas disciplinas serán adoptadas, revisadas e desenvoltas.
9. O Enxeñeiro Crítico entende que o código escrito se expande en dirección ao campo social e psicolóxico, regulando comportamentos entre persoas e máquinas. A través do entendimento desa cuestión, o Enxeñeiro Crítico procura reconstruir cuestións ligadas ao usuário e a acción social através de métodos de excavación dixital.
10. O Enxeñeiro Crítico considera o ¨exploit¨ (uso das vulnerabilidades dun sistema) como a mais desexable forma de exposición.
Translation into Galician by
Servando Barreiro.