al|ca|cn|de|dk|en|es|fi|fr|gl|gr|he|it|jp|nl|pt|ru|sr
The Critical Engineering Working Group
Berlin, October 2011-2017
Julian Oliver
Gordan Savičić
Danja Vasiliev

THE CRITICAL ENGINEERING MANIFESTO

0. O Enxeñeiro Crítico considera a Enxeñeria coma a linguaxe mais transformadora dos nosos tempos, amoldandose a maneira en como nos mobvemos, comunicamos e pensamos. A función do Enxeñeiro Crítico é estudiar e explorar esa linguaxe, asi coma expor a sua influencia. 1. O Enxeñeiro Crítico considera que calquer tecnoloxía constitúe un desafío e unha ameaza. Canto maior é a dependencia en relación a unha tecnoloxía, maior é a necesidade de estudala e expor seu funcionamento, independentemente da propiedade ou da regulación legal. 2. O Enxeñeiro Crítico contribúe na concienciación de que con cada avance tecnolóxico, o noso coñezemento tecno-político é desafiado. 3. O Enxeñeiro Crítico desconstrue e estimula complexas experiencias de usuário. 4. O Enxeñeiro Crítico olla mais ala da admiracion da implementación pra determinar métodos de influencia e seus efectos específicos. 5. O Enxeñeiro Crítico recoñece que cada peza de enxeñeria transforma ao usuário de maneira proporcional a sua dependencia en relación a ela. 6. O Enxeñeiro Crítico expande o termo ‘máquina’ pra descreber interrelacións que abrangen aparellos, corpos, axentes, forzas e redes. 7. O Enxeñeiro Crítico observa o espacio entre a produccion e o consumo de tecnoloxia. Actuando rapidamente nos cambios dentro dese espazo. O enxeñeiro crítico serve pra revelar posibles momentos de desequilibrio e decepción. 8. O Enxeñeiro Crítico olla para a história da arte, arquitetura, inventiva, activismo, filosofia.. e encontra traballos exemplares de Enxeñeria crítica. Estratéxias, ideas e axendas desas disciplinas serán adoptadas, revisadas e desenvoltas. 9. O Enxeñeiro Crítico entende que o código escrito se expande en dirección ao campo social e psicolóxico, regulando comportamentos entre persoas e máquinas. A través do entendimento desa cuestión, o Enxeñeiro Crítico procura reconstruir cuestións ligadas ao usuário e a acción social através de métodos de excavación dixital. 10. O Enxeñeiro Crítico considera o ¨exploit¨ (uso das vulnerabilidades dun sistema) como a mais desexable forma de exposición. Translation into Galician by Servando Barreiro.

Download English language version of Manifesto as a printable PDF
(sha256sum 1b542dc224800f6266334f96b13ba65ea6ecac1cd058d913aec8910f6ce3d09f).

Copyright Oliver, Savičić, Vasiliev 2011-2017, GNU Free Documentation License v1.3.

Critical Engineering intensive training 2016: NETWORKSHOP, UNIX CLI, OTHERNET